Wednesday 15 de May de 2024

A Casa do Concello exhibe máis de sesenta obras creadas no Obradoiro de Artes Plásticas dos Maiores de Riveira


A Casa do Concello exhibe dende o día de hoxe unha nova exposición consistente en más de sesenta obras elaboradas no Obradoiro de Artes Plásticas impulsado no marco do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores.

Con motivo da inauguración da mostra, que forma parte do programa do Xuño da Cultura e as Artes, compareceron no Consistorio o alcalde Manuel Ruiz, a concelleira Esther Patiño, o profesor Fernando Yáñez e os autores das obras: pinturas e debuxos.

Foron 20 as persoas maiores que participaron nesta iniciativa e foron felicitadas por alcalde e concelleira polo seu labor. Yáñez explicou durante a apertura como foi o proceso creativo, que culminou cunha obra colectiva que se poden ver xusto entrando no Concello a man esquerda. Todos os comparecentes sacáronse unha fotografía debaixo dela.

A exposición estará aberta ata o 30 de xuño.